Galicia Destino Sostible

Excursión pola terra da mazá

Nas terras de A Estrada é característica a produción de mazá para a elaboración de sidra. Primavera e outono son épocas moi adecuadas para que un grupo poida realizar unha excursión por algunhas das paraxes ao redor de Callobre, podendo contemplar as plantacións de maceiras de diversas variedades.
No discorrer destes paseos pódense ver ademáis árbores singulares como a sobreira de Valiñas . Para que o día resulte redondo, farase unha reunión grupal con sidra galega de produccion ecoloxica e taboa de queixos DO Arzúa Ulloa.
Durante o domingo pola mañá tamén haberá tempo para realizar un percorrido pola ribeira do Ulla, acercándose a lugares chamativos coma as pontes do Ulla ou o coto de Ximonde.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 65 €
18 Persoas Min.
Condicións de reserva

Actividade prevista para un grupo entre 2 e 18 persoas Opcionalmente poderase contratar medio de transporte para desprazar ao grupo. Inclúe unha noite na casa de Turismo rural en réxime AD, visita guiada e degustación de taboa de queixos e sidra galega.

Reserva:

Reservas: contacto directo (tlf ou mail) co establecemento