Galicia Destino Sostible

Ruta polas bateas de mexillón e artes de pesca na ría de Vigo

Con esta ruta do mexillón e artes de pesca na ría de Vigo mostrarémosvos todo o proceso do cultivo deste molusco, dende que é unha cría ata que xa se pode comercializar. E todo a pé de plataforma, de batea, como se lle denomina en Galicia. A ría de Vigo ten unha actividade frenética e, polo que á pesca se refire, aínda máis. A bordo deste antigo barco mexilloeiro poderedes coñecer as diferentes artes de pesca que se utilizan hoxe en día na pesca de baixura. Dependendo da época do ano, veredes unhas artes ou outras; por exemplo, a arte do trasmallo, que se emprega para pescar o choco, ou a arte das nasas, utilizada para a pesca do polbo e das nécoras. Ou mesmo poderedes ver embarcacións pequenas, chamadas planadoras, dende onde se extrae a ameixa e tamén a navalla, neste caso mergullándose.

Dende o mar comprenderedes todo o que esta marabillosa contorna supón para a cidade de Vigo. Un guía a bordo ha contarvos con todo detalle todo o que está a suceder na ría.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 30 €
40 Persoas Min.
Condicións de reserva

Grupos mínimos de 6 personas

Reserva:

https://bluscus.es/tour/ruta-del-mejillon-y-artes-de-pesca-en-vigo/ También pueden adquirir este producto en su agencia minorista habitual