Galicia Destino Sostible

Benestar para estar ben

Rosalía e Francisco han guiarvos por un auténtico baño de bosque, leiras, praderías e viñedos. Unha experiencia única; un paseo terapéutico de conexión coa natureza e cunha mesma.
Paseniño, e cos sete sentidos, habémonos poñer en camiño e iremos percibindo os arrolos do bosque, apañando sementes de futuro, gozando cos recendos e sabores da terra, empapándonos dos sons da creación, contemplando paisaxes de plenitude e sentindo o abrazo da brisa na pel.
Pura vivencia e saúde! Un convite para deixarse sandar pola natureza e a paisaxe; para gozar do agarimo e a tenrura das persoas; para reaprender xuntas a riqueza dos camiños: os de ida e os de volta.
Que hai que levar: calzado para sendeirismo, pucha, bastón de sendeirismo, roupa adecuada á época do ano (roupa de auga, abrigo…), auga, etc.
O barco no que se desenvolve a experiencia é unha antiga embarcación que se dedicaba ao cultivo do mexillón: un bateeiro. Un barco tradicional, perfectamente restaurado, de madeira, construído nun dos estaleiros máis emblemáticos de Galicia, os Asteleiros Triñanes. O motor, un antigo Barreiros, de fabricación galega, é unha reliquia que segue a funcionar coma o primeiro día. Xa quedan moi poucos en Galicia.
O espazo é moi amplo e totalmente accesible, tamén para cadeiras de roda. Así mesmo, ten bancos onde poder sentar. Dispón tamén de baño.
Ideal para empresas, familias e grupos de amigos aos que lles guste o mar. Todo realizado coa máxima seguridade.
Inclúe unha pequena degustación de mexillón das rías galegas DOP Mexillón de Galicia e un viño con Denominación de Orixe Rías Baixas.
Para completar esta xornada mariñeira propoñémosvos un aloxamento na costa para que poidades seguir desfrutando do mar: Villa Covelo é o voso sitio.
Ven vivir unha auténtica experiencia mariñeira e descubre as Rías Baixas como nunca antes o fixeras!

Inclúe:
• 1 noite de aloxamento na Casa do Romualdo (Taboada, Lugo).
• Réxime de manutención: pensión completa.
• Xornada Baño de Bosque.

Para grupos dun mínimo de 8 persoas e un máximo de 14. (Menores [a partir de 15 anos] e adultos).

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 140 €
14 Persoas Min.
Condicións de reserva

Para grupos de mínimo 8 personas, máximo 14. (Jóvenes (a partir de 15 años) y adultos)

Reserva:

982 45 50 10 / 650 22 66 46 info@casaromualdo.com