Galicia Destino Sostible

Relax, gastronomía e tradición no Grove

-Aloxamento no Hotel Spa Bosque Mar***, no Grove.
-Almorzo buffet todos os días de estancia.
-Unha cea gastronómica no hotel a primeira noite, elaborada con produtos de temporada e proximidade. Será tipo menú e inclúe auga e viño da casa. En caso de aloxarse varias noites, as adicionais poden ser en réxime de aloxamento e almorzo, ou incluír tamén cea (con base en menú do día, inclúe auga), a elixir.
-Un acceso ao spa de 1 hora e media de duración, por persoa e estancia.
-Libre acceso á piscina exterior (apertura suxeita á climatoloxía).
-Aparcadoiro exterior gratuíto no aloxamento.
-Saída tardía, segundo dispoñibilidade do hotel.
-Ruta dos Mexillóns coa navieira Cruceros do Ulla, con saída e regreso ao porto do Grove. Durante o paseo en barco, de aproximadamente 1 hora e cuarto de duración, visítanse os parques de cultivo de mexillón, ostra e vieira, tan típicos desta zona, para coñecer as formas de pesca tradicional que se utilizan na ría. O fondo de cristal do catamarán permite unha vista panorámica submarina para apreciar mellor o medio acuático. A bordo poderedes degustar mexillóns ao vapor, acompañados dun viño novo da zona, auga ou refresco. Non se inclúe o traslado dende o aloxamento ata/dende o porto.
Anulación gratuíta ata 5 días antes da data de entrada. Se se anula fóra de prazo, cargaranse os gastos correspondentes á primeira noite; en caso de non presentación cargarase o 100 % da estancia. Prezo por cuarto dobre dende 160 € por noite. A consultar segundo temporada. Oferta válida ata o 31/10/2022, e de novo dende o 10/03 ao 31/10/2023 (o hotel pecha por temporada dende novembro ata mediados de marzo).

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 169 €
2 Persoas Min.
Condicións de reserva

Anulación gratuita hasta 5 días antes de la fecha de entrada. Anulando fuera de plazo se cargarán gastos correspondientes a la primera noche, en caso de no presentación se cargará el 100% de la estancia. Precio por habitación doble desde 169€ por noche. A consultar según temporada. Oferta válida hasta el 8/12/2024.

Reserva:

Telefónicamente o vía whatsapp en el 982226865. Vía correo electrónico en reservas@sientegalicia.com. Consultando en su agencia minorista de referencia.