Galicia Destino Sostible

Camiño Sostible: Sarria – Santiago de Compostela

A necesidade de non camiñar só por camiñar. O obxectivo deste produto turístico é mellorar o coñecemento daqueles lugares por onde se anda. Mentres camiñas, Galicia ha deixar pegada en ti. O feitizo das paisaxes naturais autóctonas, que conservan o seu encanto; os ríos e regatos cristalinos que alimentan a fauna e as aldeas da zona; a riquísima comida de Km 0 e a agarimosa comunidade das vilas e os seus emprendementos han arrequecer a túa experiencia neste Camiño de Santiago que parte dende Sarria.
Aloxamentos:
– Hotel Alfonso IX, en Sarria.
– Hotel Vistalegre, en Portomarín.
– Casa Leopoldo, en Palas de Rei.
– Hotel Boutique 1930, en Arzúa.
– Hotel Rural Casa do Acivro, no Pedrouzo.
– Hotel Herradura, en Santiago de Compostela.

DÍA 01 ETAPA EN SARRIA / ALOXAMENTO EN HOTEL ALFONSO IX
Chegarás pola túa conta a Sarria. Esta preciosa vila galega do interior é un paraíso para os amantes da arte. Terás a ocasión de descubrir pezas antigas e coñecer de primeira man a arte da restauración. Á túa chegada, non deixará de sorprenderte o paseo do Malecón; alí poderás desfrutar da compaña dos seus habitantes, sentar nunha das terrazas do Malecón e degustar os deliciosos alimentos de Km 0 que conquistarán o teu padal. Entrementres, gozarás das fermosas vistas do río Sarria entre bocado e bocado. O río será o teu acompañante se decides pasear. Cando chegues á zona do Chanto, pódeste animar a darte un baño relaxante nas súas pozas de augas cristalinas. Ao longo das pintorescas rúas de Sarria, irás descubrindo recunchos engaiolantes, como o mosteiro-convento da Madalena e a igrexa de Santa Mariña, así como o seu célebre mural dedicado ao peregrino. Todo isto poderás coñecelo da man dunha das nosas guías. Ademais, poderás camiñar por un dos espazos naturais con máis encanto da zona: a Ruta das Aceas. En Sarria vivirás a experiencia cos cinco sentidos para que comeces a desconectar aos poucos e sigas a túa viaxe pensando en qué sentir.

Ao principio da túa viaxe, ofrecerémosche o noso decálogo para un Camiño máis Sostible e respectuoso coas comunidades e o patrimonio natural. Poderás atopar a información aquí: https://www.caminoclean.com/.

DÍA 02 ETAPA SARRIA – PORTOMARÍN → 22 KM / 5-6 H. ALOXAMENTO EN HOTEL VISTALEGRE
Durante o teu percorrido, andarás por fermosos camiños rurais ou «corredoiras» baixo árbores autóctonas, coma os carballos, e ao teu paso irás encontrando pequenas aldeas con encanto, como Lavandeira ou Ferreiros, onde verás os singulares hórreos, construcións típicas de Galicia. Pouco e pouco, a historia deste camiño irá abríndose ante os teus ollos cando chegues ao río Miño, que che dará a benvida a Portomarín. Baixo as súas augas, atópase a antiga aldea de Portomarín, ocultada pola construción do encoro de Belesar. Xa na vila, poderás apalpar coa xema dos dedos as fermosas paredes empedradas das súas casas. Penetrarás nas súas entrañas ata chegar á igrexa de San Nicolás de Portomarín, reconstruída pedra a pedra cando a súa localización orixinal, na ribeira do río Miño, quedou totalmente asolagada debido á construción do encoro.

DÍA 03 ETAPA PORTOMARÍN – PALAS DE REI → 25 KM / 5-6 H. ALOXAMENTO EN CASA LEOPOLDO
Subirás en primeiro lugar ata Castromaior e despois ata a serra de Ligonde para descender gradualmente a través das aldeas da Eirexe e Ligonde ata a vila de Palas de Rei. A historia desta etapa está ligada á realeza, pois no século XVI os reis peregrinaban cara a Santiago de Compostela por esta ruta. Incluso o nome de Palas de Reis se lle debe a un antigo castelo da zona, o castelo de Pambre, fortaleza do século XIV. En 1484 pasa a ser propiedade dos condes de Monterrei con funcións militares de custodia do Camiño de Santiago e de cobranza de peaxes de paso.

DÍA 04 ETAPA PALAS DE REI – ARZÚA → 30 KM / 6-7 H. ALOXAMENTO EN HOTEL BOUTIQUE 1930
Avanzarás a través de fermosos camiños rurais e pontes medievais. De camiño a Melide, suxerímosche visitar Muuhlloa, unha cooperativa de mulleres da comarca que decidiron desenvolver produtos de cosmética ecolóxica, natural e sostible con recursos da zona para non abandonar o seu fogar rural. Unha vez en Melide, poderás parar a tomar unha ración do seu famoso polbo á feira, unha comida típica galega que fará que as túas papilas gustativas bailen e sintas Galicia a cada bocado. Continuarás por unha paisaxe agrícola popular, propia do interior de Galicia, que te levará ata Arzúa tras cruzar o fermoso río Iso. Convidámoste a compartir a historia do monumento máis interesante desta localidade, a capela da Madalena, que foi construída pola orde dos agostiños, no século XIV, para atender os peregrinos.

Esa mesma tarde, para que sigas descubrindo diferentes propostas locais, suxerímosche realizar unha visita ao Enredo do Abelleiro, un museo vivente do mel onde descubrirás todo o relacionado con este ouro líquido e coñecerás a importancia das abellas para o noso ecosistema e a vida do planeta Terra.

DÍA 05 ETAPA ARZÚA – RÚA → 20 KM / 4-5 H. ALOXAMENTO EN HOTEL RURAL CASA DO ACIVRO
Un dos alimentos máis típicos da zona que vas degustar é o delicioso queixo de Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, ou os melindres, doces típicos de Melide. Camiñarás por aldeas con encanto coñecendo as súas xentes e os regatos dos que beben, acubillados baixo as follas de frondosas árbores. Poderás selar a túa credencial do peregrino na igrexa de Santiago de Arzúa. Verdes outeiros serán os teus compañeiros de viaxe ata a localidade de Rúa. Haste atopar con ermidas como a de Santa Irene e con comida deliciosa, coma o galo de raza Piñeiro, moi cobizado na zona.

DÍA 06 ETAPA RÚA – SANTIAGO → 20 KM / 4-5 H. ALOXAMENTO EN HOTEL HERRADURA
Tras deixar atrás O Pedrouzo subirás polo Amenal e descenderás ata Lavacolla. Ascenderás, de novo, ata alcanzar o monte do Gozo. Dende aquí verás por vez primeira as torres da catedral de Santiago de Compostela. A ilusión de chegar á meta aumenta a cada paso. Só 4 quilómetros te separan da cidade. Pasarás polo barrio de San Lázaro, cruzarás a Porta do Camiño, deixarás atrás a praza de Cervantes e, a través das fermosas rúas da zona vella compostelá, alcanzarás a catedral de Santiago de Compostela.

Despois de compartir ese momento tan especial de quen chega ao seu destino, poderás descubrir a xente da cidade de Santiago de Compostela na túa visita a Creativas Galegas, que se atopa a 400 m da catedral de Santiago de Compostela. Poderás ver de primeira man diferentes actividades artesanais e coñecer e abrazar o Camelio de 200 anos.

DÍA 07 FIN DA VIAXE
Sigue gozando da cidade de Santiago de Compostela e dos seus arredores. Poderás participar na Excursión a Fisterra e coñecer toda a esencia da Costa da Morte.

460 € por persoa en cuarto dobre | 620 € por persoa en cuarto individual | 420 € por persoa en cuarto triplo | O prezo inclúe: 6 noites de aloxamento (cuarto con baño privado) en hoteis e pensións con encanto | 6 almorzos | Traslado de equipaxe durante as etapas (1 vulto – máx. 20 kg) | Documentación completa e Caderno de viaxe | Credencial do peregrino | Asistencia telefónica para emerxencias 24 horas | Seguro de viaxe (básico) | IVE | O prezo non inclúe: visitas guiadas. Consultar prezo | Calquera outro servizo non recollido no apartado «O prezo inclúe».

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 490 €
1 Persoas Min.
Condicións de reserva

490 € por persona en habitación doble | 640 € por persona en habitación individual | 450 € por persona en habitación triple | El precio incluye: 6 noches de alojamiento (habitación con baño privado) en hoteles y pensiones con encanto | 6 desayunos | Traslado de equipaje durante las etapas (1 bulto - máx. 20 kg) | Documentación completa y Cuaderno de viaje | Credencial del Peregrino | Asistencia telefónica para emergencias 24 horas | Seguro de viaje (básico) | IVA | El precio no Incluye: Visitas guiadas: consultar precio | Cualquier otro servicio no reflejado en el apartado "El precio incluye"

Reserva:

Puedes reservar a través de nuestro correo electrónico: reservas@tee-travel.com o llamando al +34 986 565 026. También puedes adquirir este programa en tu agencia minorista habitual