Galicia Destino Sostible

Ecoturismo nas Mariñas Coruñesas

Moi cerca da Coruña atopámonos co primeiro destino de ecoturismo certificado de Galicia: a Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Esta espectacular contorna é o exemplo perfecto da típica paisaxe rural galega, que conta cun rico patrimonio cultural (castros, pazos, mosteiros, fortalezas medievais, calzadas romanas), natural (bosques autóctonos centenarios, espazos costeiros, rías etc.) e tamén gastronómico.
Imos dividir esta xornada que che propoñemos en 3 partes:
– Mañá: saída dende Miño no catamarán eléctrico dos nosos socios A-02 Velas, con dirección a Betanzos. Realizaremos varias paradas e visitaremos varios lugares aos que só se pode acceder dende o mar; por exemplo, atravesaremos as pontes de Ponte do Porco ou penetraremos en furnas de augas incriblemente cristalinas.
Logo subimos todo o río Mandeo ata chegar a Betanzos. Alí realizaremos unha parada (se así o desexas) para percorrer as rúas desta histórica vila galega.
Finalmente, regresamos ao punto de inicio, en Miño, para recoller o coche e ir probar a gastronomía da zona.
– Xantar: propoñémosche un restaurante deses que non pasan desapercibidos e cos mellores produtos locais: o restaurante Curricán, en Sada.
– Tarde: co papo cheo de comida rica, e para amenizar a tarde, dirixímonos á capital herculina. Alí descubriremos un dos museos máis interesantes da Coruña: MEGA. Unha maneira distinta de percorrer un museo, onde ademais desfrutaremos dunha maridaxe de cervexa e embutidos da terra.

Contamos contigo para facer do teu día un momento especial.
O prezo inclúe ruta en barco eléctrico (duración aproximada: 2 horas e 30 minutos), comida, entradas a MEGA, seguro de viaxe, asistencia básica e médico. Prezos indicados por persoa. IVE incluído.
Pódesnos chamar ao 644 98 38 28.
Entra na nosa web para obter máis información: https://ruteart.com/.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 109 €
6 Persoas Min.
Condicións de reserva

El precio incluye ruta en barco eléctrico (duración aproximada 2:30 h), comida, entradas a MEGA, seguro de viaje, asistencia básica y médico. Precios indicados por persona. IVA incluido.

Reserva:

Puedes llamarnos al 644 98 38 28 Entra en nuestra web para más información: https://ruteart.com/