Observación de aves e outra fauna. Observación de flora e hábitats
Se o que buscas é unha actividade específica de observación de fauna, de natureza ou de fotografía, pero sen esforzo físico, esta é a túa opción.
Galicia ten unha grande oferta de ecoturismo, pero só poderás atopala nos lugares adecuados e acompañado dos mellores guías. Descubre a natureza máis salvaxe observando aves limícolas, escoitando o frémito do cervo, fotografando aves, aprendendo a diferenciar rastros ou especies botánicas…
Ofrecémosche diferentes actividades en función da época da túa viaxe:
-Observación de aves limícolas.
-Frémito do cervo.
-Rastrexo e observación de mamíferos salvaxes.
-Fotografía da natureza.
-Aves forestais.
-Fauna e flora propia do cantil.
-Fauna e flora propia do bosque autóctono de Galicia.
-Fauna e flora propia da zona intermareal.
A actividade realízase en destino, ou cerca deste, dentro das posibilidades do lugar solicitado.
Os horarios da actividade varían en función da demanda do cliente (madrugada, mañá, atardecida ou noite).
Consúltanos para obter máis información.
Necesario reserva previa. Cómpre escoller a especie ou o espazo que se desexe visitar na época apropiada para a súa observación ou desfrute. Consúltanos para obter máis información.