Experiencia enoturismo en Casa Albarari
Casa Albarari é un aloxamento turístico situado nun viñedo das Rías Baixas no que se aborda o cultivo de uva albariña para a produción de viños e espumosos. A pesar de estar situada a 2 km escasos da vila de Sanxenxo, e das zonas máis turísticas de praia e lecer nocturno, en Casa Albarari gózase da tranquilidade e do relax que ofrece a campiña das Rías Baixas, nunha contorna totalmente natural onde se coida cada detalle para ofrecer unha experiencia na que a sostibilidade e o respecto polo medio ambiente son a prioridade. A degustación de produtos locais, Km 0 en moitos casos, a colaboración con provedores da zona, a inclusión de produtos e amenities biodegradables e a aposta por sistemas altamente eficientes converten a Casa Albarari nun dos mellores expoñentes do ecoturismo na rexión.
A estancia nalgunha das nosas Master Bedrooms compleméntase co desfrute dos nosos xardíns, da zona de relax e da piscina infinity do resort, ademais, por suposto, da visita aos viñedos de Albarari e á adega de Peón & Rei na que se producen os nosos viños.
A oferta consiste nunha noite en Casa Albarari con visita a viñedos, adega e cata de viño.