Degustación con vistas ao mar
Goza dun pequeno menú degustación de 4 pasos con produtos locais e maridado con viño de adegas galegas.
O restaurante Curricán é un proxecto gastronómico baseado en ofrecer unha cociña onde o produto de mercado e proximidade se traballa con receitas e técnicas que respectan a gastronomía local, ofrecéndolle ao comensal un amplo horario para satisfacer o seu padal a case calquera hora do día, pois abre de 10.00 a 23.30. Almorzos á primeira hora, vermú a media mañá, comida de mediodía, aperitivos pola tarde, cea ao poñerse o sol e a última copa do día antes de medianoite.
Para gozar desta degustación é necesario realizar unha reserva previa chamando ao 881 89 60 40 ou enviando un correo electrónico a administracion@galetabernas.es.