Volta á Illa de Arousa
A Illa de Arousa é unha illa situada na ría de Arousa. Coñécela?
Convidámoste a que veñas descubrir o seu precioso litoral. É unha maneira distinta de coñecela dende o mar.
Mostrarémosvos o faro de Punta Cabalo, coa súa historia e misterios; o muíño de auga, mostra da nosa cultura; o Parque Natural do Carreirón, zona natural protexida de gran riqueza en flora e fauna, unha infinidade de preciosas praias…
Unha contorna natural que hai que preservar para o gozo de hoxe e de mañá.