Galicia Destino Sostible

A Traslatio do Camiño de Santiago

O Camiño tamén é mar!!!!. Na ruta da Traslatio seguiremos o camiño por mar dos restos do apóstolo Santiago como parte do seu peregrinar dende Xerusalén ata Santiago de Compostela.
É unha ruta chea de beleza natural, cultural, histórica e espiritual que nos permite adentrarnos en tempos pasados.
Ademais, bríndanos a oportunidade de navegar polo mar de Arousa, coas súas bateas para o cultivo do mexillón e os parques de cultivo da ameixa. Seremos testemuñas do único viacrucis marítimo-fluvial, cos seus 17 cruceiros que nos marcan o rumbo a seguir, e divisaremos as Torres de Catoira cos seus barcos viquingos, recordo dos nosos devanceiros e as súas batallas.
Unha ruta chea de flora e fauna que non nos deixará indiferentes e acrecentará en nós o respecto pola súa conservación.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 30 €
24 Persoas Min.
Condicións de reserva

Mínimo 8 personas

Reserva:

https://reservas.amareturismonautico.com/