DESCUBRE A COSTA DA MORTE
A Costa da Morte está situada no litoral noroeste galego, cunhas paisaxes naturais privilexiadas, cheas de praias desertas, enseadas, cantís e cabos que se adentran nun océano salvaxe de augas bravas. As súas vilas e aldeas convidan a un paseo tranquilo para tratar coas súas xentes e coñecer a cultura local, tan arraigada e pegada ao mar e marcada pola súa condición de límite occidental de Europa.
Día 1: Orixe – Galicia:
Saída dende orixe por conta do cliente en dirección ao Hotel Carlos I Silgar. Chegada ao hotel, cea e aloxamento.
Día 2:
Costa da Morte: almorzo. Saída cara á Costa da Morte. Acompañados do noso guía, comezaremos visitando Camariñas, vila mariñeira por excelencia, coñecida polos seus encaixes de palillos e a súa riqueza natural e ambiental, da que é testemuña o faro de cabo Vilán, un dos máis emblemáticos de Galicia e onde se atopa o Museo do Faro Vilán ou Centro de Interpretación dos Naufraxios, Faros Sinais Marítimos (entrada incluída) e o Museo do Encaixe (entrada incluída). Continuaremos ata Muxía, situada nunha impresionante paisaxe onde destacan o seu porto, unhas sinxelas casas de cantería ao máis puro estilo mariñeiro e o santuario da Virxe da Barca. Seguidamente, chegaremos a Ézaro, pequena localidade da costa galega de enorme beleza natural e que esconde un gran segredo alí onde conflúe o Xallas (único río de Europa que desemboca no mar en forma de fervenza): a fervenza do Ézaro. Xantar no restaurante do Hotel O Semáforo de Fisterra. Pola tarde visitaremos Fisterra (considerada outrora a Fin do Mundo), empezando polo seu mítico faro, unha referencia imprescindible para os mariñeiros que chegan á quebrada costa galega e dende onde se pode admirar a inmensidade do océano Atlántico e, a continuación, visitaremos a xeitosa vila pesqueira, onde destacan a igrexa parroquial de Santa María das Areas, a capela de Nosa Señora do Bo Suceso e o castelo de San Carlos, que alberga o Museo do Mar (entrada incluída). Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
Día 3: Hotel Carlos I Silgar – Orixe:
Terminaremos a viaxe cun completo almorzo no hotel. Fin dos nosos servizos.
CONDICIÓNS: Prezo por persoa dende 119 € en cuarto dobre, 2 noites de aloxamento, 2 almorzos e 2 ceas no hotel. Inclúe traslado á Costa da Morte, autocar durante toda a visita e comida en restaurante. Os prezos publicados non son válidos en fins de semana, Nadal, Fin de Ano, Semana Santa, entroidos, feiras, congresos, festas nacionais e/ou locais, pontes nin en ningún outro evento especial. Consúltese suplemento. Oferta válida dende o 01/11/2022 ata o 31/12/2023. Reservar no correo viajes@interrias.com.