ESCAPADA NAS ILLAS ONS
Descubre as praias, cantís, furnas etc. deste territorio insular protexido que forma parte das Illas Atlánticas e admira a súa incrible biodiversidade.
DÍA 1: Orixe – Galicia:
Chegada por conta do cliente ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo 4*, cea e aloxamento.
Día 2: Illas Ons:
Almorzo. Saída para gozar dun día nas Illas Ons. Inclúe pasaxe en barco de ida e volta ás Illas Ons (embárcase no porto de Portonovo) e xantar no restaurante Casa Acuña, da illa de Ons. Teremos tempo libre na illa para realizar actividades de sendeirismo ou gozar das súas incomparables praias. Á hora acordada, regreso en barco, cea no hotel contemplando as súas marabillosas vistas e aloxamento.
Día 3: Galicia – Orixe:
Terminaremos a viaxe cun completo almorzo no hotel. Fin dos nosos servizos.
Oferta válida dende o 01/11/2022 ata o 31/12/2023.