O VIÑO DAS RÍAS BAIXAS
- DÍA 1: Orixe – Galicia:
Saída dende o lugar de orixe en dirección a Galicia por conta do cliente. Chegada ao hotel, cea e aloxamento.
DÍA 2: DO Rías Baixas: almorzo.
Saída para visitar Cambados, capital do viño albariño sita en pleno val do Salnés. En primeiro lugar, realizaremos un percorrido a pé pola vila de Cambados na compaña do noso guía local; coñeceremos o conxunto do pazo de Fefiñáns e moitas outras casas grandes.
Deseguido, dirixirémonos ao Museo Etnográfico e do Viño de Cambados (entrada incluída), situado nun dos puntos máis emblemáticos de Cambados, onda as ruínas de Santa Mariña Dozo. É o primeiro museo do viño de Galicia e un dos primeiros de España. O percorrido convídanos a coñecer a historia, a arte, a cultura popular e todos os aspectos vitivinícolas da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Ao rematar a visita, trasladarémonos a unha emblemática adega da DO Albariño Rías Baixas. Comezaremos cun paseo polos seus viñedos, no que nos achegaremos ás orixes da viticultura nas Rías Baixas, á cepa e á historia do albariño —parte fundamental da cultura e da tradición da comarca— rodeados pola natureza destas espectaculares contornas. Despois, realizaremos unha visita guiada á adega, na que nos explicarán o proceso de elaboración do viño, e finalizaremos a visita coa degustación de 2 viños. Logo, regresaremos ao hotel para o xantar.
Pola tarde sairemos cara ao Grove, vila mariñeira e coñecida por ser o paraíso do marisco. Cruzaremos a ponte que nos ha levar á illa da Toxa, famosísima por ser o lugar de vacacións de moitos persoeiros e pola súa tradición termal. Tras unha visita panorámica pola illa, dirixirémonos á lonxa do Grove, onde presenciaremos o seu funcionamento: como chegan alí os profesionais do mar con todo o produto que pescaron ese día; produto que se pesa, se etiqueta e se coloca en caixas para a poxa; isto é, a súa primeira venda.
A seguir, trasladarémonos ao porto para realizar un cruceiro pola ría de Arousa (entrada incluída) e coñecer as bateas (plataformas flotantes de cultivo do mexillón), ao tempo que desfrutamos dunha fabulosa degustación a bordo deste molusco acompañada de viño.
Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
DÍA 3: Galicia – Orixe: almorzo. Fin dos nosos servizos.
PROVEDORES:
Aloxamento en Hotel Carlos I Silgar 4*.
Paseo en barco en Cruceros Pelegrín.
Guías provistos por Viajes Interrías.
Adega Pazo Baión ou similar.
Transporte: Autocares Novas Rías ou similar.