Galicia Destino Sostible

Coñecer e amar as árbores ten premio en CABANAS DA ULLA

O bosque onde se sitúa o noso aloxamento ten unha superficie de máis de 42 000 metros cadrados, que acollen por riba dun milleiro de árbores de máis de 20 especies diferentes. Queremos que os nosos hóspedes non só gocen do agarimo, da sombra e do pracer que proporciona pasear entre tantas árbores, moitas delas centenarias, senón tamén que aprendan a identificalas, que coñezan os seus froitos, que aproveiten a súa leña e que desfruten do ecosistema que estas conforman. Proporcionamos leña para quentar as cabanas e as instalacións de uso común e premiamos a quen localice e identifique un mínimo de 12 especies arbóreas diferentes. Ímovolo pór moi fácil, porque o premio que entregamos é unha arboriña (carballo, pradairo, bidueiro…) para que a plantedes, coidedes e gocedes dela toda unha vida… E queremos regalar moitas árbores.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 75 €
2 Persoas Min.
Condicións de reserva

Ver precios y condiciones en nuestra web

Reserva:

www.cabanasdaulla.com 981 19 00 82 / 606 95 06 54