Fisterra
FISTERRA
Este lugar, onde os romanos pensaban que acababa o mundo por ser o punto máis occidental da Terra, esconde lugares impresionantes, como praias e cantís, o santuario da Virxe da Barca ou o seu faro, que seguen a ser un gran reclamo na zona e, en especial, para os peregrinos do Camiño de Santiago.
Nesta escapada propoñémosche que coñezas a zona e realices unha visita á Coruña, con entrada á Torre de Hércules —o faro en activo máis antigo—, ao Aquarium Finisterrae e ao MEGA (Museo de Estrella Galicia).
O PREZO INCLÚE:
2 AD Hotel Bela Fisterra.
Visita guiada á Coruña con Torre de Hércules.
Visita Aquarium Finisterrae.
Visita MEGA.
O PREZO NON INCLÚE:
Entradas a museos ou monumentos non indicados.
Guías oficiais, agás nos lugares indicados no apartado «O prezo inclúe».
Gastos extras no hotel ou servizo non indicado anteriormente.