Galicia Destino Sostible

RELAX ENTRE VIÑEDOS

Dende Infinita Viajes convidámoste a internarte no corazón de Galicia e a coñecer de primeira man as técnicas atávicas da viticultura heroica, unha forma ancestral de cultivar a vide nas ladeiras da Ribeira Sacra na que as mans son a principal ferramenta. O coñecemento do medio, a experiencia e o profundo respecto pola contorna son os tres alicerces nos que se apoia a nosa adega de referencia, Regina Viarum, para producir os fantásticos caldos extraídos das uvas godello, mencía e araúxo. A nosa proposta inclúe unha cata de 5 viños nun espectacular balcón situado sobre os canóns do Sil. Tras a cata, poderemos desfrutar dunha sesión de balneario no hotel Iberik Augas Santas, onde relaxaremos corpo e mente grazas ás súas augas mineromedicinais. Finalizamos a xornada cun bo descanso e, ao día seguinte, retomamos forzas cun estupendo almorzo para emprender o camiño de volta.

A nosa oferta inclúe:

1 visita á adega Regina Viarum para coñecer a chamada viticultura heroica da zona, con degustación de 5 viños.
1 noite de aloxamento en plena Ribeira Sacra, no hotel Iberik Augas Santas, coñecido polo seu impresionante balneario de augas mineromedicinais.
1 acceso ao balneario.
Almorzo.

O HOTEL: IBERIK AUGAS SANTAS
Este hotel sitúase no corazón da Ribeira Sacra, un dos segredos mellor gardados do interior de Galicia onde abundan as experiencias lúdicas e gastronómicas que teñen como protagonistas a comida, o viño e os cursos fluviais do Miño, do Sil e do Cabe.
O complexo turístico está formado por un moderno hotel de 4 estrelas con 118 cuartos, un balneario de augas mineromedicinais que lle dá nome ao complexo e un campo de golf de 18 buracos.
Os mananciais que abastecen o balneario son de augas sulfurosas; ideais para o tratamento de doenzas vinculadas ao aparato locomotor (artrose, lumbalxia…) e de lesións de carácter neurolóxico, respiratorio e dermatolóxico. O balneario ofrece, ademais, unha zona de augas exterior.

A ADEGA: REGINA VIARUM
Regina Viarum é unha adega que aposta pola sostibilidade. Sita en pleno corazón da Ribeira Sacra, ofrece un percorrido sensorial co que descubrir os tesouros enolóxicos desta terra e a paixón pola viticultura heroica.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 79 €
2 Persoas Min.
Condicións de reserva

Precio por persona en habitación doble desde 79 €, sujeto a disponibilidad.

Reserva:

Para solicitar esta oferta puedes hacerlo a través de nuestro teléfono: 981937832 (llamada o whatsapp) o bien por email: info@infinitaviajes.com