Galicia Destino Sostible

Ribeira Sacra en familia: pasea, comparte, navega, goza

2 cuartos comunicados para 3 ou 4 persoas. Poderás instalarte con toda a familia e trazar un plan para tratar de ver tantas cousas como poidas da Ribeira Sacra.

Ademais, logo de reservado, poderás incluír na túa estancia o noso almorzo, composto polos mellores produtos de Chantada: marmelada de moura, framboesa e castaña de Naiciña; pan de fariña de trigo do país (panadaría local); café acabado de moer e feito ao momento segundo a túa preferencia (café de Cafés Penela con instalacións torradoras en Chantada); torta de améndoa e biscoito de chocolate e noces; leite fresco Kalekoi… Todo pensado para que ti e a túa familia empecedes o día cheos de enerxía e poidades aproveitar ao máximo a vosa estancia aquí: descubriredes as ribeiras do Miño, os vieiros, os miradoiros, os paxaros, os saltos de auga, a natureza e a paisaxe, o río Asma, o monte Faro, a vila de Chantada, as igrexas e os mosteiros románicos, os pazos cos seus escudos e as casas de labranza cos seus esgrafiados.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 80 €
3 Persoas Min.
Condicións de reserva

Precios desde 80€ por noche en habitación familiar para 2 adultos y 1 o 2 niños

Reserva:

Puedes hacer tu reserva a través del 982 440 847 o del correo electrónico hotelmogay@mogay.com