Descanso para dous nas Rías Baixas
O Hotel Montemar 3*, á beira da ponte da illa da Toxa, ofrece tranquilidade para pasear e gozar dos seus parques e xardíns. Está situado ao principio do paseo marítimo que conduce ao porto pesqueiro do Grove, moi próximo á praia da Lanzada e ás rutas de sendeirismo de San Vicente do Mar e Pedras Negras. Un aloxamento ideal para descubrir as Rías Altas e Baixas e Santiago de Compostela.
Os nosos catamaráns ofrécenvos a posibilidade de realizar unha inesquecible viaxe pola ría de Arousa, de aproximadamente 1 hora de duración, con saída dende o porto do Grove ou dende a illa da Toxa.
Mentres navegamos, poderedes comprobar a importancia que ten a pesca, o marisqueo e a acuicultura na ría de Arousa, a máis extensa e produtiva de Galicia.
Visitaremos os criadeiros de mexillón, ostra e vieira namentres vemos os barcos faenando. Faremos unha parada para observar, a través dos cristais de visión submarina, o fondo do mar e os peixes que habitan debaixo dos criadeiros.
Dende o barco divisarás os bancos marisqueiros, illotes como «A Figueira», onde está a torre de San Sadurniño, antiga fortaleza medieval; a Illa de Arousa e a súa reserva natural de Punta Carreirón; vilas como Cambados, capital do viño albariño, e O Grove, localidade de excelencia turística, e o seu porto de baixura.
Durante a travesía degustaredes a bordo mexillóns da ría ao vapor acompañados con auga, viño ou refrescos. Por algo se lle chama o Barco dos Mexillóns!
Ofrécese unha estancia en cuarto dobre con vistas ao mar, en réxime de aloxamento e almorzo buffet, con praza de aparcadoiro. Inclúe paseo en catamarán con saída dende a illa da Toxa (a 15 minutos camiñando dende o hotel). Visita aos criadeiros de mexillón (bateas), onde se vos explicará o seu proceso de cultivo e poderedes degustalos. Dende o barco poderedes contemplar os fondos mariños, o ecosistema da zona e os bancos marisqueiros. A duración da travesía é de 1 hora. Consultar horarios e condicións.
Cuarto dobre con vistas ao mar en réxime de aloxamento e almorzo, con praza de aparcadoiro e paseo en barco para dúas persoas. Baixo dispoñibilidade.