DESCUBRE A RÍA DE VIGO
A ría de Vigo é unha contorna natural protexida; é a ría máis profunda e meridional das Rías Baixas.
Con este paquete de actividades e aloxamento que propoñemos, poderás coñecer en profundidade a enseada de San Simón e a historia da batalla de Rande e desfrutar do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
QUE INCLÚE ESTE PAQUETE?
-Ruta guiada en kaiak á illa de San Simón.
-Barco ás Illas Cíes.
-Aloxamento + almorzo + acceso ao spa no Hotel Bienestar Moaña.
KAIAK Á ILLA DE SAN SIMÓN CON ALECRÍN
A ruta en kaiak por mar á illa de San Simón lévase a cabo no interior da ría de Vigo. É unha actividade ideal para coñecer, aprender, refrescarse e aproveitar ao máximo este lugar máxico cargado de historia e de sorpresas.
Realizaremos un pequeno curso de iniciación ao kaiak para afrontar a pequena travesía, que vai dende a praia de Cesantes ata a illa de San Simón, onde imos desembarcar para vivir toda a súa historia.
Desfrutaremos das tranquilas augas da enseada e da súa incrible contorna natural.
VISITA AO MUSEO DE MEIRANDE
Descubre a enorme riqueza histórica que atesoura esta zona. Unha viaxe ao pasado para coñecer os detalles da Batalla de Rande e moitas outras historias relacionadas coa ría de Vigo.
BARCO ILLAS CÍES
As Illas Cíes forman parte do paraíso natural das Illas Atlánticas, un espazo protexido dunha beleza incomparable.
Con esta viaxe en barco poderás coñecer a ría de Vigo e desembarcar nesta illa para percorrer as súas praias ou realizar unha das súas rutas de sendeirismo.
O respecto pola natureza e a conservación das especies que habitan este arquipélago fan del un dos destinos máis sostibles de Galicia.
HOTEL BIENESTAR MOAÑA
ALOXAMENTO + ALMORZO + SPA
No Hotel Bienestar Moaña, situado en plena ría de Vigo, poderás descansar despois das visitas e desconectar no spa.