Galicia Destino Sostible

Xincana deportivo-cultural en Baiona con xornada de vela lixeira

Atrévete a vivir unha experiencia en familia ou con amigos no excepcional escenario da vila de Baiona. Participa nunha divertida xincana polo seu centro histórico e nunha xornada de vela lixeira en embarcacións do Monte Real Club de Yates de Baiona.
Para completar a experiencia, que mellor que pasar unha noite no Parador de Baiona, sito na preciosa península de Monterreal? Esta fortaleza amurallada ofrece unha espectacular vista panorámica. Dende o seu inmenso xardín e a piscina poderás contemplar toda a baía. Gozarás da tranquilidade que ofrece a súa contorna, que conta cun patio amurallado, e poderás relaxarte nos elegantes espazos do seu interior.
Inclúe 1 noite de aloxamento no Parador de Baiona con almorzo – Inclúe técnicos especializados para as actividades – A xornada de vela será dunhas 3 horas de duración e a xincana dunhas 2 horas aproximadamente.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 165 €
15 Persoas Min.
Condicións de reserva

Incluye 1 noche de alojamiento en el Parador de Baiona con desayuno - Incluye técnicos especializados para las actividades - La jornada de vela será de unas 3 horas de duración y la gymkana aproximadamente de unas 2 horas

Reserva:

686 654 060 info@ayukotour.com También pueden adquirir este producto en su agencia minorista habitual