Galicia Destino Sostible

Experiencias sostibles no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

En Abramar comprometémonos a que poidas vivir experiencias únicas a través dun turismo sostible e de calidade, respectuoso co destino e coas xentes que o habitan. Organizamos experiencias de varios días e de cuño 100 % galego, tanto para parellas como para grupos reducidos, nas que poñemos toda a nosa dedicación, know-how e amor polo destino para que non teñades que preocuparvos por nada.

A experiencia de gozar do maior espazo protexido de Galicia de forma sostible é única. Propoñémosvos unha viaxe á vosa medida para estar en contacto coa natureza e, ao mesmo tempo, vivir a esencia pura de Galicia a través da súa gastronomía, das súas paisaxes e dos seus lugares máis singulares a bordo dun veleiro, percorrendo tres das illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
O prezo inclúe:
• Traslados ás diferentes illas do PNMTIAG.
• Aloxamento, almorzos, xantares e ceas a bordo dun veleiro.
• Ruta guiada polas illas con guías acreditados.
Comprometémonos á máis exquisita organización 24/7 para que só vos preocupedes de desfrutar do destino.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 4950 €
12 Persoas Min.
Condicións de reserva

Desde 4950€

Reserva:

https://www.abramarmice.com/#dmc También pueden adquirir este producto en su agencia minorista habitual