Galicia Destino Sostible

Redescubre as Rías Baixas en veleiro

As Rías Baixas dende o mar.
Nesta ruta de 5 días polas fermosas Rías Baixas en veleiro descubriremos as mellores calas: as que están escondidas e non teñen acceso por terra.
Chegaremos ás Illas Cíes e Ons e ascenderemos aos seus outeiros en pequenas andainas; e, por suposto, deleitarémonos con saborosos mariscos regados cun viño de calidade superior mentres contemplamos as mellores vistas posibles e solpores non aptos para cardíacos.
Esta ruta é de mar, praia, paisaxes, natureza e, como é obvio, da mellor comida e bebida de Galicia acompañada de moita diversión.
Percorreremos as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. Visitaremos as Cíes, Ons e calas escondidas e realizaremos actividades especiais tanto no mar coma na terra.
O veleiro tramítase con Bluscus Turismo Mariñeiro.
O prezo inclúe 5 días (4 noites) nas Rías Baixas en veleiro cun patrón experto. Mariscada a esgalla e viño de benvida a bordo da embarcación. Acompañamento, asistencia e gastos do coordinador/a de viaxe. Gasolina da embarcación, de ser preciso. Reportaxe fotográfica da viaxe. Seguro de viaxe asistencia básica e médico – COVID. Todas as aventuras e as lembranzas que has vivir nesta incrible viaxe. Prezos indicados por persoa. IVE incluído.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 669 €
7 Persoas Min.
Condicións de reserva

El precio incluye 5 días (4 noches) en las Rías Baixas en velero con patrón experto. Mariscada a lo grande y vino de bienvenida a bordo de la embarcación. Acompañamiento, asistencia y gastos del coordinador/a de viaje. Gasolina de la embarcación, de ser necesario. Reportaje fotográfico del viaje. Seguro de viaje asistencia básica y médico – COVID. Todas las aventuras y recuerdos que vivirás en este increíble viaje. Precios indicados por persona. IVA incluido.

Reserva:

https://ruteart.com/viajes-alternativos/redescubre-as-rias-baixas-en-velero/