Degustando a nosa contorna
Pasaporte regalo para saborear un menú degustación enraizado na cultura, na historia e nos produtos locais no que se reinterpretan pratos clásicos da gastronómica galega ou se propoñen novas formas de preparar o produto local.
Un percorrido gastronómico e histórico a través duns 18 bocados elaborados cos mellores produtos da zona. Traballamos con selos que avalan as nosas prácticas, tales como: Peixe da Lonxa da Coruña e Biosphere Sustainable Lifestile Certified.
Recibirás un pasaporte que podes trocar para utilizalo calquera día da semana e que ten unha caducidade de 3 meses.