CASA COMPLETA NO CORAZÓN DAS FRAGAS DO EUME
Aluga a Casa Rural Piñeiro completa unha noite co teu grupo de amigos e/ou familia. Poderedes vir ata 10 persoas. Este aloxamento rural con encanto atópase en Monfero, lugar onde se sitúan as Fragas do Eume, o bosque atlántico mellor conservado de Europa. A casa ofrece unha terraza con vistas ao xardín e á horta. Os seus cuartos presentan unha decoración elegante con teito orixinal de trabes, portas e mobiliario de madeira, así como paredes de pedra á vista. Tamén teñen vistas ao xardín e contan con conexión wifi gratuíta, calefacción e baño privado. A casa dispón dun amplo salón, cociña e churrasqueira con zona de comedor. A campiña dos arredores é ideal para practicar excursionismo, piragüismo e ciclismo. O parque de Fragas do Eume queda a só 10 minutos en coche. As praias máis próximas son as de Miño e atópanse a menos de 20 km da Casa Piñeiro. A Coruña está a 45 minutos en coche.
Situada nos altos cantís das Fragas do Eume, Casa Piñeiro é un magnífico exemplo do encanto galego no Atlántico, con énfase nunha elegante sinxeleza e nun servizo de primeira clase.
A noite será máxica nesta contorna única, e empezaredes o día cun extraordinario almorzo con produtos ecolóxicos mentres vos acariña o suave aroma da máis exquisita vexetación atlántica.
-Non se aceptan nenos nin mascotas. Presenza nas instalacións dos donos da casa durante a estancia.