Inscripciones workshop Fairway Santiago 2025

01/09/2025
Os profesionais interesados aínda se poden inscribir ao workshop profesional de Fairway Santiago 2025, con condicións especiais para os asociados do Clúster

O Clúster Turismo de Galicia lembra aos seus asociados que continúa aberto o prazo de inscrición para participar no workshop profesional de Fairway Santiago 2025, que se celebrará os próximos 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia.

  • As empresas asociadas ao Clúster poderanse beneficiar dunha cota de participación bonificada polo seu vínculo institucional

O encontro, especializado no Camiño de Santiago, reunirá a empresas turísticas galegas e nacionais con compradores internacionais de primeiro nivel. As compañías asociadas ao Clúster poderán acceder a condicións preferentes, cunha cota bonificada de 230 euros máis IVE (278,30 euros en total).

  • As inscricións están abertas ata o 10 de outubro con prazas limitadas

Inscripciones workshop Fairway Santiago 2025