Skip to content
InicioAxudámoste?

Axudámoste?

Que é Galicia destino sostible?

Un club que actúa como un hub integrando toda a oferta turística sostible de Galicia, conectando a turistas con empresas e facilitando o proceso de procura ao viaxeiro interesado en coñecer o destino garantindo a protección do medioambiente e do seu patrimonio cultural e natural, ao mesmo tempo que impulsan a economía local.

Toda a oferta turística integrada en Galicia destino sostible cumpre cos criterios e requisitos de calidade e sustentabilidade esixidos ás empresas adheridas. Por tanto, Galicia destino sostible actúa como aval ou garantía de calidade e sustentabilidade.

Que requisitos debe cumprir a oferta turística integrada en Galicia destino sostible?

Que a empresa ou actividade se localicen en Galicia e que o operador da oferta estea disposto a adquirir un compromiso responsable de calidade e sustentabilidade, contribuíndo ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que marca Europa na súa Axenda 2030. Estes requisitos están relacionados coa xestión eficiente da enerxía e os recursos naturais, o uso de fontes de enerxía renovables, a redución da pegada de carbono, o respecto ao medio ambiente e á biodiversidade da zona, a contratación de persoal local, o consumo responsable e a compra de produtos de proximidade, a contribución á economía circular, a protección da cultura e o patrimonio histórico da rexión, etc.

Quen realiza a validación dos procesos de adhesión ao club?

O Club de produto Galicia destino sostible conta con dous niveis de organización, un directivo e outro operativo. O nivel operativo, formado polo Clúster de Turismo de Galicia, é o responsable de contrastar e validar a información achegada pola empresa que solicita a adhesión.

O Clúster de Turismo de Galicia poderá, durante o proceso de adhesión ou con posterioridade, auditar ás empresas aspirantes ou asociadas para verificar que realmente se están cumprindo cos requisitos esixidos.

As empresas que se adhiran deberán renunciar a produtos turísticos que non sexan sostibles?

A adhesión a Galicia destino sostible supón a aposta por un modelo de turismo diferente baseado na sustentabilidade. Con todo, a pertenza ao club non supón que os empresarios renuncien a produtos turísticos que xa estean a funcionar, sobre todo se estes están moi consolidades e son rendibles desde o punto de vista socioeconómico.

A pertenza ao club tampouco supón exclusividade. É dicir, cada empresario poderá desenvolver as súas propias estratexias para participar noutros clubs de produto ou vender a súa oferta por outros medios.

Canto custa adherirse a Galicia destino sostible?

Actualmente a adhesión a Galicia destino sostible é gratuíta. A pertenza ao club non só non supón un custo para o empresario, senón que facilita o acceso ao financiamento público destinada á creación de produto turístico sostible en Galicia, ademais de apoio técnico e formación.

Con todo, os socios de Galicia destino sostible comprométense ao entrar no club a participar no financiamento do mesmo mediante as cotas ou procedementos que se establezan.
Isto significa que, se nun futuro a adhesión a Galicia destino sostible supuxese o pago dunha cota anual ou mensual, as empresas adheridas que quixesen manter a súa pertenza ao club terían que abonala.

Como podo engadir oferta turística sustentable ao club?

Unha vez aprobada a adhesión ao club, o operador recibirá un email coas claves de acceso á área privada da web, a través da cal poderá engadir oferta turística sostible á sección correspondente.
A empresa recibirá, ademais, unha guía para a configuración dos produtos turísticos sostibles, na que se especificarán os atributos que os produtos ademais dun persoal para homoxeneizar o traspaso de información e facilitar a subida de contidos.

Como se establece a renovación de pertenza ao club?

O compromiso de pertenza ao club de produto Galicia destino sostible é por un ano desde a data de adhesión ao mesmo. Todas as empresas que queiran renovar ese compromiso co club deberán realizar de forma anual o proceso de renovación.

Como podo darme de baixa?

A baixa producirase de forma automática para aquelas empresas que non realizan en prazo o proceso de renovación de forma anual. Ademais, poderá realizarse de forma proactiva a solicitude de non renovación de adhesión ao club.

Tes máis dúbidas ou algunha suxestión?



    Preguntas obligatorias *

    Sign In

    Register

    Reset Password

    Please enter your username or email address, you will receive a link to create a new password via email.

    This site is registered on wpml.org as a development site.