O Hotel Villa Covelo está situado nunha das beiras da ría de Pontevedra, unha das 5 que conforman as Rías Baixas. Atópase no municipio de Poio, moi preto dalgúns puntos turísticos tan importantes como Combarro, Sanxenxo ou a cidade de Pontevedra. Estratexicamente situado próximo ao Camiño Portugués e ás súas variantes “Espiritual” e “Padre Sarmiento”, ideal para peregrinos. A nosa localización achégache á praia, á natureza e aos tesouros culturais de Galicia.
O hotel Villa Covelo conta con 50 confortables habitacións de diferente tipoloxía que se adaptan perfectamente ás necesidades de cada hóspede. No noso hotel comprometémonos a traballar empregando sempre prácticas sostibles, que van máis aló do ambiental, mediante a incorporación dunha dimensión cultural e social. Propoñémonos rescatar, preservar e difundir a riqueza patrimonial, tanto material como inmaterial, da nosa zona, evitando que se perdan os nosos ricos coñecementos ancestrais e promovendo a identidade galega.