6 días de natureza nunha idílica casa rural na Ribeira Sacra
Ven á Casa das Xacias e conecta co corazón de Ribeira Sacra. Disque o fogar non é un lugar, senón un sentimento: queremos que o experimentes nesta casa de aldea galega do século XIX. Ofrecémosche un aloxamento rural situado nun terreo privado de 2500 m² con piscina, canastro, árbores froiteiras, camelias e unha horta con produtos de temporada que poderás compartir cos teus de forma exclusiva. Teredes ao voso dispor unha casa con seis cuartos e múltiples espazos onde gozar, por exemplo, da calor da cheminea, dun bo churrasco, dunha cea estival ao aire libre ou dun baño na piscina.
Madruga, camiña cara aos bancais do Miño. Alí poderás ver como as vides medran garridas nestes socalcos erixidos en terras salagres, moitas delas de gran verticalidade.
Conecta coa natureza: aquí tes a ocasión de mergullarte nunha contorna rural que che ofrece calma, seguridade, desconexión, privacidade, tempo para coidarte, boa comida e a oportunidade de compartir todo iso cos teus.
Alugamento de casa completa para 12 persoas-6 noites (entrada luns e saída domingo. Válido todo o ano, excepto agosto) + Selección de viños DO RIBEIRA SACRA e produtos locais + Rutas para facer a pé dende a casa e gozar da natureza.