A compostela máis rural. Un percorrido de 300 anos.




Esta proposta pretende dar a coñecer a parte menos turística de Compostela a través dun itinerario creado “ad hoc”para a ocasión. O pelotón sendeirista partirá do parque de Galeras para facer un percorrido de 9 quilómetros. O río sarela e a súa industria de curtidorías farán de anfitrións nunha viaxe na que tamén subiremos ás alturas do Pedroso ou visitaremos as hortas que fan de santiago unha cidade cun corazon 100% rural.