Galicia Destino Sostible

A Ribeira Sacra en bicicleta

Nesta ruta en bicicleta percórrense os lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra en catro etapas e pódese facer en bicicleta de montaña ou en bicicleta eléctrica.
Como?
E moi sinxelo.
Nós proporcionámosche os tracks para descargar e só tes que seguilos.
Tes a opción de facer 4 etapas ou elixe realizar menos ou por separado.
Podes traer a túa propia bici ou alugámosche nós unha, ben unha bicicleta de montaña ou unha eléctrica.
Reservámosche as noites necesarias para que durmas placidamente.
Trasladamos a túa equipaxe dun hotel a outro. Cando termines as etapas, a túa mochila xa te estará esperando.
Podes facer as etapas por libre ou, se queres que un guía oficial te acompañe na ruta, tamén é posible.
Ti desfrutas e todos felices.

Nivel de dificultade da ruta:
Creamos 4 rutas (de 32,7 km, 45,5 km, 36,8 km e 45,9 km) con desniveis positivos de ata 1600 m e ata 1737 m nos negativos.
Segundo o Índice IBP (Intelligent Benchmark Prediction) as etapas terían a seguinte dificultade:
1. Santo Estevo – Parada de Sil: media.
2. Parada de Sil – Doade: difícil.
3. Doade – Sober: fácil.
4. Sober – Sober: fácil.
Se se fan en bicicleta eléctrica, todas elas son fáciles.

O aloxamento seleccionado é: Iberik Augas Santas Balneario.
O prezo inclúe: Tracks BTT desenvolvidos persoalmente. Alugamento de bici muscular ou eléctrica (opcional). Aloxamento 3 noites (ou as que precises, segundo as etapas que escollas). Transporte de equipaxe entre os aloxamentos. Seguro de viaxe. Compensación da pegada de carbono da túa viaxe. IVE incluído. Prezo por persoa cun mínimo de 2. Prezos especiais en caso de tratarse dun número maior de persoas (máximo 7).

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 350 €
7 Persoas Min.
Condicións de reserva

El precio incluye: Tracks BTT desarrollados personalmente. Alquiler de bici muscular o eléctrica (opcional). Alojamiento 3 noches (o las que necesites, según las etapas que elijas). Transporte de equipaje entre los alojamientos. Seguro de viaje. Compensación de la huella de carbono de tu viaje. IVA incluido. Precio por persona con un mínimo de 2. Precios especiales en caso de ser un número mayor de personas (máximo 7).

Reserva:

https://ruteart.com/viajes-alternativos/escapada-ribeira-sacra-en-bici/