Apadriña unha cepa e participa na vendima de Albarari







Vive a experiencia do viño da man de ALBARARI. O noso programa de apadriñamento de cepas consiste nunha actividade divulgativa sobre a produción do viño na comarca das Rías Baixas.
Dende o momento no que a cepa é apadriñada, poñémonos en contacto convosco para irvos informando e detallando todos os procesos que iremos facendo cos nosos expertos para a obtención dos mellores caldos coa nosa uva albariña. Dende o principio enviarémosvos información, fotos, e, por suposto, contaredes co voso cartel identificativo na cepa, que se incorporará ao noso rexistro de Padriños e Madriñas.
Dende o momento da poda no outono, dos primeiros gromos na primavera, a aparición dos primeiros acios e a súa evolución durante o verán formarán parte da vosa experiencia. Iremos facendo un seguimento puntual de todos os pasos para compartir convosco a nosa cultura do viño.
E logo de completado o ciclo, xa case tras un ano de espera e apadriñamento, chega o ansiado momento en que facemos a recollida da uva durante a vendima. Preparádevos con tempo e estade pendentes, pois para nós é toda unha celebración que compartimos e organizamos con todos os nosos padriños e madriñas. Toca «pisar as uvas» seguindo o método máis tradicional!!
E, por suposto, a experiencia conta coa entrega dunha caixa con 6 botellas da nosa colleita con etiqueta personalizada para vós ou para quen queirades, pois é tamén unha magnífica ocasión para facer un agasallo moi especial!!
A oferta consiste nun programa de divulgación e seguimento do proceso de produción de viño nas Rías Baixas, coa posibilidade de participar na vendima.