Galicia Destino Sostible

Areoso en kaiak

Estás a pensar en como ir a Areoso? Entendémoste. Areoso é unha contorna natural sen igual que paga a pena coñecer. Por iso, propoñémosche o noso servizo de alugamento de kaiak. Con el poderás facer unha ruta ata o illote de Areoso en kaiak e coñecer este espazo natural protexido. Porque estamos seguros de que, dándoo a coñecer, podemos axudar a conservalo e poñelo en valor, velando por que se coide e se respecte.
A través do noso servizo de alugamento de kaiak, queremos que teñas a posibilidade de realizar unha ruta que te conecta coa natureza, permitíndoche coñecela, e que pon en valor o illote de Areoso dunha forma saudable para ti e sostible para o medio.
É curioso como un lugar tan pequeno pode albergar tantos tesouros. Un paraíso ao teu alcance que podes descubrir coa ruta ao illote de Areoso en kaiak.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 35 €
40 Persoas Min.
Condicións de reserva

Grupo mínimo 2 personas

Reserva:

https://www.piraguilla.com/actividades/alquiler-kayak-islote-areoso/