Galicia Destino Sostible

BELA FISTERRA, HOTEL LITERARIO E ECOSOSTIBLE

Bela Fisterra é un hotel ecosostible e con conciencia ecolóxica.

No noso hotel aplícase unha política de compromiso co medio ambiente que se fundamenta en usar xeotermia para quentar a auga, en aproveitar as augas fluviais para a rega e en abastecerse de enerxía de baixo consumo para o aforro enerxético.

Os nosos xardíns deseñáronse con vexetación autóctona. A nosa meta: crear un hotel que se basee no respecto total das políticas de compensación de emisións de CO₂.

Xuntos podemos axudar a conservar a nosa contorna aforrando auga. Se consideras que podes reutilizar a toalla, déixaa colgada no toalleiro. O medio ambiente ha de agradecercho.

Estancia literaria con bañeira de hidromasaxe en Fisterra.

Descansa no noso cuarto inspirado nas mellores novelas universais do mar. Descubre deseños únicos e diferentes que te han deixar coa boca aberta. Atoparás a novela á cabeceira da túa cama e poderás gozar dunha lectura tranquila nesta elegante e acolledora estancia. O lugar perfecto para descansar!

Ofrecemos unha noite en cuarto con bañeira de hidromasaxe en réxime de aloxamento e almorzo.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 122 €
2 Persoas Min.
Condicións de reserva

RESERVAS DIRECTAS EN HAB DOBLE EN AD CON HIDROMASAJE

Reserva:

www.belafisterra.com info@belafisterra.com 981110311