Galicia Destino Sostible

Birding en Rías Baixas con estancia en hotel en primeira liña de praia

Coñece as Rías Baixas practicando avistamento de aves.
A provincia de Pontevedra dá abeiro a centos de especies de aves e ofrece escenarios de gran beleza. Deseña a túa ruta de birding á túa medida.
A variedade de especies e a beleza das paisaxes nas que aniñan fan das Rías Baixas un enclave privilexiado para o avistamento de aves.

No Hotel Gran Proa facilitarémosche un kit para avistamento de aves que inclúe:

Guía de identificación de aves.
Gorra ou chapeu para protexerse do sol.
Chaleco de camuflaxe.
Cantimplora de auga.
Prismáticos.
Información de rutas de avistamento de aves na comarca.
Se che gusta a ornitoloxía, non o dubides, porque as Rías Baixas che ofrecen un bo feixe de alternativas para observar as aves no seu hábitat natural.
Prezos dende 63 € por cuarto dobre e noite.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 63 €
2 Persoas Min.
Condicións de reserva

Precios desde 63€ por habitación doble y noche.