Caldas de Reis, vila termal




CALDAS DE REIS
Unha vila tranquila, ideal para relaxarte con numerosos recantos máxicos.
Esta vila, debuxada polo leito do río Umia, garda recunchos singulares definidos por saltos de auga, fervenzas e un bosque de ribeira. Ademais, é moi coñecida polas súas augas termais, que podemos apreciar no centro da vila, cunha temperatura media de 44 °C, con fontes e pías públicas.
Outro punto que salientar nesta localidade é o parque-xardín botánico e carballeira, declarado Ben de Interese Cultural. Este xardín histórico conta con especies de árbores dos cinco continentes.
Tamén cabe destacar que o municipio conta con vestixios romanos, como a Ponte Bermaña ou a Ponte Segade.
Todo isto conforma un singular enclave con encanto que non podes deixar de coñecer.
ADEGA PAZO BAIÓN
Esta adega, cunha gran historia que percorre séculos de ouro e de escuridade ata chegar ao día de hoxe, conta cun proxecto vitivinícola único que une cultura, arquitectura e o viño albariño. Todo isto será o que descubriredes na visita.
ILLA DE CORTEGADA
Esta illa, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, alberga o maior bosque de loureiros de España, que conviven con outras árbores centenarias autóctonas.
Coa visita guiada incluída nesta escapada poderás coñecer a súa historia e a súa natureza.
O PREZO INCLÚE:
2 AD Hotel Pousada Real.
Visita guiada con cata ao pazo Baión.
Visita guiada á illa de Cortegada con Amare Turismo Náutico.
O PREZO NON INCLÚE:
Entradas a museos ou monumentos non indicados.
Guías oficiais, agás nos lugares indicados no apartado «inclúe».
Gastos extras no hotel ou servizo non indicado anteriormente.