Camiño de Santiago en kaiak

A día de hoxe, moitas son as variantes relacionadas co Camiño de Santiago, pero poucas ou ningunha tan orixinal como a que che propoñemos: unha ruta inesquecible en kaiak pola ría de Arousa e o río Ulla dende Vilanova de Arousa ata Pontecesures en dúas etapas, rememorando a denominada Traslatio e remontando a ría de Arousa dunha forma activa e moi divertida.
No traxecto en kaiak poderás desfrutar de paisaxes únicas, de praias idílicas, illas que parecen aboiar no medio do mar e mesmo un viacrucis fluvial único no mundo que sinala o camiño que realizou o corpo do Apóstolo —segundo conta a lenda— nunha barca de pedra ata Iria Flavia, punto no que a Variante Espiritual volve unirse co Camiño Portugués.