CEAS SORPRESA
Apetéceche unha cea especial, diferente, pensada e deseñada en exclusiva para ti? Unha experiencia gastronómica con produtos de temporada e Km 0. Peixes e mariscos da praza de abastos de Cangas chegados directamente da nosa ría terán un gran protagonismo nesta fantástica cea que terá lugar nalgún sitio secreto… do que teredes pistas ao chegardes a Rodeiramar.
A quen vai dirixida esta fabulosa oferta? A todo tipo de persoas: soas, parellas, familias con nenos… Unha experiencia perfecta para verse inmerso na gastronomía, o mundo do mar e a cultura galega.
Necesario reservar con 48 h de antelación.