Cortegada en kaiak
Estás a pensar en ir á illa de Cortegada? Seguro que buscas un traslado en barco á illa de Cortegada, pero que dirías se a embarcación fose un kaiak? En Piragüilla queremos propoñerche unha opción diferente para as túas visitas á illa de Cortegada. Por iso, facilitámosche o alugamento dun kaiak para que coñezas esta illa do Parque Nacional Illas Atlánticas.
Unha ruta en kaiak na que pasarás polos viveiros da ameixa de Carril mentres avanzas polas augas da ría de Arousa. A experiencia en kaiak ofréceche unha nova sensación: a de navegar costeando Cortegada, coñecida tamén como «o bosque flotante» debido á frondosidade da súa vexetación.
Ademais, poderás coñecer a illa seguindo o seu carreiro. A nosa aplicación móbil será moi útil para a túa visita. Coñecerás así a historia da illa de Cortegada, unha biografía que a propia illa che irá relatando a medida que vaias camiñando. A súa aldea abandonada, a capela, os cruceiros… unha paisaxe chea de historia, encanto e curiosidades.