Costa da Morte tradicional
Paquete de 2 noites que inclúe:
– Aloxamento en Parador Costa da Morte en cuarto dobre con almorzo.
– Experiencia mariscadora: da man dunha mariscadora coñeceremos as reviravoltas desta profesión, de vital importancia na economía da zona. Ela ha falarnos da dureza do seu traballo e da importancia da sostibilidade. Ao finalizar, degustaremos berberechos de Camariñas.
– Comida en restaurante local a base de caldeirada de peixe, un prato tradicional da zona.
– Visita de cultura mariñeira: faremos un percorrido polos secadoiros de congros que aínda se conservan na Costa da Morte e que foron motor económico no seu día e tamén veremos as fábricas de conserva e salga máis importantes.