CÓIDATE NO HOTEL VILLA COVELO



Cóidate no hotel Villa Covelo. Repensa a túa vida e programa a túa mente para te agarimar sempre ao máximo.
Ensinarémosche a alimentarte de forma saudable con produtos de Km 0. Aprenderemos a relaxarnos con ioga ou meditación coa axuda de expertos en nutrición e monitores de cada especialidade.
No hotel facilitámosche información sobre rutas de sendeirismo e podémosche prestar bastóns de marcha nórdica.
Inclúe:
– Estancia de 1 noite nun cuarto con vistas ao mar.
– Detalle de benvida.
– Relatorio con nutricionista, ou clase de meditación ou de ioga.
– Cea e almorzo saudables elaborados con produtos de Km 0.
– Late check-out (ata as 14.00).
Prezo do paquete por persoa compartindo cuarto dobre: DENDE 75 €.
Prezo do paquete en cuarto individual: DENDE 105 €.
***Noites complementarias en réxime de aloxamento e almorzo:
Prezo da noite complementaria por persoa compartindo cuarto dobre: DENDE 40 €.
Prezo da noite complementaria en cuarto individual: DENDE 70 €.