Degustar o sabor de Galicia









Ofrecémosche unha experiencia 360 coa que espertarán todos os teus sentidos. Degusta o sabor de Galicia nun exquisito menú gastronómico creado polo noso chef, reláxate no noso circuíto de hidroterapia durante 90 minutos e goza dunha noite de completo descanso para dúas persoas na Quinta da Auga, con almorzo buffet caseiro incluído.
Descubre a alta cociña de Galicia a través dun percorrido polos sabores dos nosos mellores produtos ecolóxicos e de Km 0 cunha respectuosa elaboración, un toque de innovación e unha coidada presentación. O Restaurante Filigrana Relais & Châteaux proponche un menú gastronómico exclusivo que acerca todas as latitudes de Galicia a Santiago de Compostela.
Situado nun edificio rehabilitado do século XVIII, arrolado polo rumor do río Sar e envolto pola natureza en estado puro, o ecohotel A Quinta da Auga é un retiro de luxo no que sentirse na gloria.