Galicia Destino Sostible

DESCUBRE A RÍA DE AROUSA

A Illa de Arousa é unha das zonas máis virxes das Rías Baixas. Malia o aumento do turismo que chega á illa cada verán para perderse entre os seus recantos paradisíacos, segue sendo un referente de natureza en estado puro.

Por iso, se buscas un lugar cun turismo máis sostible, velaquí tes o escenario perfecto.
Este paquete combina dúas formas distintas de percorrer a Illa de Arousa: dende o mar, a bordo dunha lancha e coñecendo de primeira man as artes de pesca da zona, e dende terra, cunha ruta en bicicleta polos sendeiros e camiños agochados entre praias e espazos naturais.

QUE INCLÚE ESTE PAQUETE?
-Ruta en lancha motora pola ría de Arousa.
-Alugueiro 4H de bicicleta pola Illa de Arousa.
-Experiencia «Saúde e Gastronomía» no Gran Talaso Hotel Sanxenxo 4*.
1 noite de estancia en cuarto dobre con vistas ao mar.
Almorzo buffet.
Acceso ao Circuíto de Auga de Mar Atlántica para 2 persoas.
Cea elaborada con produtos de temporada de horta ecolóxica e peixe da ría (bebidas non incluídas).

REQUISITOS
Grupo mínimo: 2 persoas.
Válida todo o ano (agás pontes, festivos e do 1 de xuño ao 15 de setembro).
Segundo dispoñibilidade e con reserva previa.

RUTA EN LANCHA POLA RÍA DE AROUSA
A maioría dos habitantes das vilas situadas na veciñanza da ría de Arousa levan toda a vida traballando os recursos que o mar nos brinda para que ás nosas casas chegue o mellor produto posible.
Nesta ruta en lancha ofrecémosvos a posibilidade de coñecer as artes de pesca de preto. Poderedes observar como se aplican estes métodos tradicionais e pouco agresivos para a fauna e flora mariñas, como son o cultivo do mexillón ou o marisqueo da ameixa e da navalla.
En definitiva, é unha oportunidade única para valorar e conectar con esta parte tan importante da nosa gastronomía.

ALUGAMENTO DE BICICLETA NA ILLA DE AROUSA
A bicicleta é unha forma única de descubrir as paisaxes que ofrece este lugar tan fermoso e natural.
O percorrido en bicicleta discorre por un terreo chairo e sen dificultade: unha senda costeira que rodea praias, portos de pesca e os recunchos tranquilos que caracterizan a Illa de Arousa.
Tamén poderás deixarte envolver pola paz e a natureza que ofrece O Carreirón, unha contorna protexida na que os piñeirais e as calas de area son os protagonistas.
Que mellor maneira para moverse de forma sostible que cunha ruta en bicicleta?

EXPERIENCIA SAÚDE + GASTRONOMÍA HOTEL TALASO SANXENXO
Este hotel é a mellor opción para relaxarnos tras as experiencias vividas anteriormente cunha combinación de cea saudable baseada en produtos frescos de temporada, aloxamento á beira da ría e os beneficios da auga de mar que ofrece o seu Talaso.
Grupo mínimo: 2 persoas. Válida todo o ano (agás pontes, festivos e do 1 de xuño ao 15 de setembro). Suxeita a dispoñibilidade e reserva previa. Reserva cunha antelación mínima de 3 días antes da chegada ao establecemento.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 185 €
10 Persoas Min.
Condicións de reserva

Grupo mínimo 2 personas. Válida todo el año (exceptuando puentes, festivos y del 1 de Junio al 15 de Septiembre). Bajo disponibilidad y reserva previa. Reserva con una antelación mínima de 3 días antes de la llegada al establecimiento.

Reserva:

https://aventurasengalicia.com/actividad/oferta-descubre-la-ria-de-arousa