Galicia Destino Sostible

Descubre as furnas da fin da terra en kaiak

Pasa un fabuloso día cos teus amigos e familiares nesta marabillosa ruta costeira pola fin do mundo: Fisterra. Unha travesía caprichosa para os máis arrichados que queren descubrir furnas e calas virxes que os transportarán ao Caribe fisterrán.
Trátase dunha expedición a bordo dun kaiak cunha duración aproximada de dúas horas. Partiremos dende o peirao de Sardiñeiro, no lugar de Sardiñeiro de Abaixo, situado en Fisterra. Trátase dunha aldea costeira marabillosa de area branca e fina onde comezaremos rodeados dunhas vistas espectaculares. Percorreremos parte da costa en dirección á «fin da terra», como lle dicían os romanos, ata chegar á praia de Talón, escondida entre piñeirais e próxima ao Camiño de Santiago. Andando, é de difícil acceso, pero para nós será moi doado acceder ás súas augas cristalinas dun azul turquesa. Alí pararemos a deleitarnos entre tanta beleza e natureza, descubrindo ao noso paso furnas e a súa historia, narrada polo noso guía, e, con sorte, coincidiremos con familias de golfiños.
Toda unha experiencia exclusiva para os amantes do deporte e a natureza.
Comezaremos cunha actualización do manexo das embarcacións e normas de seguridade impartida polo noso instrutor e guía profesional, que nos acompañará en todo o traxecto. É imprescindible saber nadar e ter unha idade mínima de 16 anos.
Equipamento homologado, embarcacións de alta gama e material para a realización da actividade incluídos.
Nos meses de máis baixa temperatura proporciónanse traxes de neopreno.
Para atender as vosas dúbidas de inmediato e entender as vosas necesidades, non dubidedes en poñervos en contacto no enderezo de correo electrónico info@atlantisaventura.com.
Estaremos encantados de atendervos!
Benvidos á fermosa Costa da Morte.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 28 €
16 Persoas Min.
Condicións de reserva

4 pax minimo

Reserva:

https://www.atlantisaventura.com/turismo-de-galicia-kayak-ezaro