Galicia Destino Sostible

Descubre Pontedeume, unha vila medieval

Desfruta dunha visita guiada polo centro histórico de Pontedeume, vila das Rías Altas de Galicia situada aos pés do monte Breamo, na desembocadura do río Eume e na boca do océano Atlántico.
Tras as súas pedras e calellas agóchase un pasado cheo de historia cun importante papel no devir e desenvolvemento da comarca durante o século XIV e resto da época medieval. A herdanza desta época gloriosa son un gran número de monumentos e restos que teñen moito que contar.
A zona vella de Pontedeume está repleta de pegadas dun pasado que a fan fascinante e mística á vez. A marca indeleble da familia Andrade e o esforzo do arcebispo de Santiago, Bartolomé de Rajoy y Losada, entre outros, deixaron na vila unha serie de monumentos e espazos de obrigada visita: o torreón dos Andrade, a igrexa de Santiago, a praza do Conde, o convento de San Agostiño…
Dar unha volta pola zona vella e impregnarse de toda esa historia é regresar á época dourada de Pontedeume.
Ven gozar desta visita e pasa dúas noites en Casa Piñeiro con almorzo incluído.
Adéntrate nas calellas e descubre o Pontedeume máis medieval!
Prezo mínimo para dúas persoas e suxeito a modificacións segundo a temporada – Non se admiten nenos nin mascotas – Inclúe noite de hotel, almorzos e ruta interpretativa de 2 horas polo centro histórico de Pontedeume.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 220 €
2 Persoas Min.
Condicións de reserva

Precio mínimo para dos personas y sujeto a modificaciones según la temporada - No se admiten niños ni mascotas – Incluye pernocta, desayunos y ruta interpretativa de 2 horas por el casco histórico de Pontedeume.

Reserva:

E-mail: hola@casaruralpineiro.com / Teléfono: 665921012