En CABANAS DA ULLA fomentamos a cultura, os produtos e a artesanía popular







En CABANAS DA ULLA gústanos pensar que, ademais de ofrecer un aloxamento acolledor en plena natureza, poñemos o noso baguiño para preservar algúns usos e costumes sostibles en todos os ámbitos: no ambiental, por suposto, mais tamén no cultural, no económico e no social.
Por iso convidamos os nosos hóspedes e visitantes a coñecer e empregar os marabillosos instrumentos que son froito do tradicional saber campesiño, artesán e popular. Exhibimos unha gran diversidade de cestos tradicionais e, sobre todo, usámolos para o que foron concibidos e tecidos: para que sigan vivos. Ademais, contamos con múltiples e variadas pezas de olería popular que empregamos como útiles ferramentas no día a día, para que non esquezamos que houbo un tempo en que o plástico non era un problema. Tamén poñemos ao dispor dos nosos clientes xogos populares e tradicionais que, ademais de sostibles, resultan moi entretidos para todas as idades: a chave, o xogo da ra, o futbolín, o cróquet…