Galicia Destino Sostible

ENOTURISMO E PASEO EN CATAMARÁN POLA RIBEIRA SACRA

Aloxamento: Hotel Mogay

O Hotel Mogay pon ao teu dispor todos os servizos que precisas para que a túa estancia ou o teu paso pola Ribeira Sacra sexa inesquecible. O hotel está situado no centro de Chantada.

DÍA 1.
O primeiro día imos gozar dunha ruta en catamarán pola Ribeira Sacra. Queres navegar polo meandro «O Cabo do Mundo», a illa de Maiorga, achegarte polo río aos viñedos de Finca Míllara, ao lugar de Pincelo ou á asolagada aldea de Portotide? Pois todo iso pódelo facer coa comodidade e seguridade do noso catamarán. Achegarémonos a lugares recónditos e contemplaremos igrexas como a de Nogueira en Chantada, a de San Martiño da Cova no Saviñao e a de Chouzán en Carballedo; viñedos perpendiculares e a marabillosa natureza que nos ofrece esta parte da Ribeira Sacra. Se cadra nos acompaña algunha garza real ou topamos cun corzo ou cun porco bravo a cruzar o río. A Ribeira Sacra é sinónimo de paisaxe e a mellor perspectiva lógrase dende o propio río. O máis divertido é navegar por ela.

DÍA 2.
Este día teremos a visita guiada á adega, con degustación de viños, para coñecer a esencia da viticultura heroica da man dos nosos magníficos guías. A adega encóntrase a 40 minutos en coche do Hotel Mogay. Alí han de explicarche as técnicas e os segredos da elaboración dos viños da Ribeira Sacra. Na nosa sala de proxección vivirás unha experiencia visual única na zona coa que descubrirás os canóns do Sil dende unha perspectiva inigualable. Esperta os teus sentidos na nosa sala de catas cunha degustación comentada e aprende a identificar os matices máis característicos de cada un dos nosos viños. Remata a experiencia tomando unha copa de viño na nosa terraza rodeado dunha espectacular vista panorámica.

O NOSO PREZO INCLÚE:
Aloxamento no Hotel Mogay en cuarto dobre estándar.
Ruta en catamarán pola Ribeira Sacra.
Visita á adega (visita e degustación de 3 viños: 65 minutos aprox.).

O NOSO PREZO NON INCLÚE:
Transporte para a visita á adega e a ruta en catamarán.
Ningún outro servizo non mencionado no apartado «O noso prezo inclúe».

Ruta en catamarán pola Ribeira Sacra.
Duración: 1 hora e 15 minutos.
Saídas: dende o embarcadoiro da Deputación de Lugo en Belesar localidade (O Saviñao).
Ata o 30 de xuño: sábados, domingos e festivos ás 16.45.

HORARIO DA ADEGA:
Do 2 de novembro ao 31 de decembro | De xoves a luns. Martes e mércores: pechada.
Do 1 de xaneiro ao 30 de abril.
Do 1 de maio ao 1 de novembro | De luns a domingo.
Escapada de 3 días e 2 noites no Hotel Mogay; estancia en réxime de aloxamento e almorzo. Viaxe válida para dúas ou máis persoas. Prezos por persoa en ocupación dobre, suxeita a dispoñibilidade no momento de efectuar a reserva.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 88 €
2 Persoas Min.
Condicións de reserva

Escapada de 3 días y 2 noches en el Hotel Mogay, estancia en alojamiento y desayuno.Viaje válido para dos o más personas. Precios por persona en base a ocupación doble, sujetas a disponibilidad en el momento de efectuar la reserva.

Reserva:

https://galiciadestinosostible.com/reservar https://viajesembajador.com/ Puede reservarlos en su agencia minorista habitual.