Escapada Gastro-Relax Rías Baixas










Apúntate a unha autentica escapada de relax no corazón das Rías Baixas, saborea a riqueza dos nosos mares e deleita o padal cos mellores caldos da DO Rías Baixas.
No centro da coñecida vila turística de Sanxenxo, a escasos metros da famosa praia de Silgar, o Hotel Carlos I Silgar ofrece unha das máis modernas instalacións hoteleiras; estamos comprometidos coa renovación constante, co medio ambiente e coa contorna cultural e social da nosa bisbarra.
Dende os nosos fogóns, gobernados por un experimentado equipo formado nas Rías Baixas, propoñemos unha experiencia gastronómica baseada no produto estrela da nosa ría, o marisco; un produto de proximidade traído directamente das lonxas locais de Portonovo e do Grove ás cociñas do noso establecemento hoteleiro para o teu deleite.
A DO Rías Baixas encárgase de ofrecer a maridaxe perfecta para converter esta Escapada Gastro-Relax nunha auténtica experiencia de inmersión na cultura local a través da mesa.
Poderás completar a túa estancia no Hotel Carlos I Silgar nas nosas instalacións de SPA, renovadas recentemente e nas que coidamos ao máximo o noso ben máis prezado, a auga. Déixate levar por unha sensación de relax e benestar que inundará por completo os teus sentidos.
A Escapada Gastro-Relax é unha experiencia única que reúne toda a esencia das Rías Baixas e o mellor dos coidados para o corpo e a mente.
Esperámoste!
Cuarto dobre en réxime de aloxamento e almorzo con acceso ao SPA e experiencia gastronómica.