Escapada relax con visita ás Illas Cíes










-Aloxamento no Hotel Carlos I Silgar 4*, en Sanxenxo (localización céntrica a escasos metros da praia de Silgar e que permite moverse para pasear ou saír a comer sen necesidade de coller o coche).
-Almorzo buffet todos os días de estancia.
-Unha sesión de Circuíto Spa Completo, 1 hora por persoa e noite de estancia. Imprescindible reservar hora. Composto por:
·Un acceso á Piscina Dinámica: camas de burbullas, cortina de auga cervical, colos de cisne e chorros a diferentes alturas.
·Un acceso ao Circuíto Carlos I: sauna seca, sauna húmida, jacuzzi, pozo frío, ducha escocesa, ducha bitérmica e ionizada e piscina experience.
·Relax en cadeiras anatómicas quentes.
-Uso libre da piscina climatizada.
-Acceso ao ximnasio e pista de tenis.
-Albornoz e zapatillas durante a estancia.
-Aparcadoiro exterior gratuíto no aloxamento.
-Un billete de ida e volta — por persoa e estancia— coa navieira Piratas de Nabia de Vigo ás Illas Cíes, espazo protexido que pertence ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
·Duración do traxecto: 40-45 min aprox.
·En temporada alta, a visita á illa será libre. En temporada baixa, poderase elixir entre visita guiada (gratuíta) ou libre.
·Nas datas en que sexa necesaria a autorización da Xunta de Galicia, inclúese a tramitación desta.
Non se inclúe o traslado dende o hotel ata o porto de Vigo para realizar a actividade; este será por conta do cliente.
Anulación gratuíta ata 15 días antes da data de entrada. Prezo por cuarto dobre dende 173 € e cuarto individual dende 110,50 €. Oferta válida dende o 1/10/2022 ata o 30/10/2022 e dende o 01/04/2023 ata o 30/10/2023.