ESCAPADA RURAL CON RUTA GUIADA POLO PARQUE NATURAL
Ven desfrutar a Casa Piñeiro dunha escapada rural de dúas noites para dúas persoas con ruta guiada polo Parque Natural das Fragas do Eume. Máis de 9.125 hectáreas do mellor bosque atlántico costeiro, cunha gran diversidade de flora e fauna de gran valor científico e ecolóxico. Descubre os seus encantadores camiños, as súas pontes colgantes e o mosteiro de Caaveiro, que foi fundado por san Rosendo hai máis dun milenio, no ano 935, e declarado monumento histórico-artístico en 1975.
A túa estadía será única e poderás coñecer un dos máximos expoñentes de bosque atlántico de ribeira en España, tanto pola súa extensión como pola calidade dos seus valores naturais; de aí o gran valor e a singularidade do Parque Natural das Fragas do Eume. Poderás asombrarte, ademais, ante os canóns que labrou o río Eume no territorio, que contan con paredes de ata 200 metros de altura.
A estancia inclúe os almorzos e un percorrido guiado de dúas horas polo Parque Natural con persoal especializado.
Non dubides en vir gozar duns días de tranquilidade e longos paseos rodeados de natureza.
Prezo de saída para dúas persoas e suxeito a modificacións segundo a temporada – Non se admiten nenos nin mascotas – Inclúe noite de hotel, almorzos e ruta interpretativa de 2 horas polo Parque Natural das Fragas do Eume.